Milagre cotián
Estou na miña lingua
coma si voltara dunha viaxe
tremando en cada acento
Rosalía escorrégase revolucionaria.
Atopo a beleza que abraia
nunha eira engalanada de canastros
e nos muíños esquecidos da auga.
Todo é inmenso nesta Galicia do século XXI
un fabuloso mastodonte vén marcando o paso
Touleaba, quen opuxo a forza do sangue.
As historias estoupan en metáforas
en contos perfeccionados pola fala.
A poética saíu de embaixo dos mandís
das boinas agachadas
e florece en imaxes de cine
en cantares que arrastran.
Cara ás pedras debuxadas polo musgo
voltarán os carros das leiteiras
o soar das campás
e as tardes-noites na cova do augardenteiro.
As avóas quentarán ná cociña de ferro
e entre tazóns de leite con sopas
e manteiga con azucar no pan,
un día, xa fai moito tempo
de novo
comezou a nevar.