Poesía e literatura infantil-xuvenil de Xulia María

10/12/2022

Decembro


"Hai fotos que nacen como a alma, que parece que sempre estiveron aí como a alma e a paisaxe, pero a palabra “sempre” só pertence a un espazo de tempo que delimita a miña vida.

Esta paisaxe perténceme dende o meu primeiro alento, pero engadíronlle cousas que a fixeron máis fermosa. E esa árbore e ese banco que antes non estaban viñeron pararme un momento e deixáronme estas palabras...

Continuará!"

 

 

Foto- plaia da Punta en Cesantes -Redondela.

 

  "Hay fotos que nacen como el alma, que parece que siempre estuvieron allí como el alma y el paisaje, pero la palabra "siempre" solo pertenece a un espacio de tiempo que delimita mi vida.

Ese paisaje me pertenece desde mi primera respiración, pero le han añadido cosas que lo han hecho mas bello. Y ese árbol y ese banco que antes no estaban han venido a detenerme un instante y me han dejado estas palabras…

Continuará"

                                                                                                                             @Xulia María  Barros.




13/09/2022

Setembro 2022

 

 

 

Chega setembro e chega o tempo dos libros e da literatura, 
ese fermoso camiño do que inevitabelmente, endexamais me podo desviar
como esa sensación de aromas que impregna a vida das flores.
Estar aquí, ser consciente diso e decidir para que abrir os ollos cada mañá 
segue sendo marabilloso. 
 Atopar  tantas cousas, tantas posibilidades polas que dar grazas 
é abrir novas fiestras,  e inventar  paisaxes para a dozura do corazón,
ese prado palpitante  onde o amor se levanta e se expande como o Universo.