Poesía e literatura infantil-xuvenil de Xulia María

16/12/2019

REDONDELA



Hai un poema en Redondela

que funde os beizos e as marismas.

Todo está por vir, e si canta,

un neno medra co sorriso,

fillo! que canta Redondela!

amando o rio e as pedras

rompendo as siluetas e as máscaras!

Que andan as ruas decindo

fillo! hoxe canta Redondela!


X.M.


.

06/12/2019


Antiquia



Pintura-1902 por John William Waterhouse
 
Mirei os campos 

a esfera cristalina

a vetusta estancia, 

e souben que noutro tempo,

unha sombra pasou por aquí.