Chega setembro e chega o tempo dos libros e da literatura,
ese fermoso camiño do que inevitabelmente, endexamais me podo desviar
como esa sensación de aromas que impregna a vida das flores.
Estar aquí, ser consciente diso e decidir para que abrir os ollos cada mañá
segue sendo marabilloso.
Atopar tantas cousas, tantas posibilidades polas que dar grazas
é abrir novas fiestras, e inventar paisaxes para a dozura do corazón,
ese prado palpitante onde o amor se levanta e se expande como o Universo.