Poesía e literatura infantil-xuvenil de Xulia María

22/07/2021

 

A Illa Infinita.

 

A miña avoa sorriu

desde ese lado da alma

onde  desenredan as cousas esenciais

E  tecen as marabillosas.

Ela sabía o que custaba unha guerra

canta dor quedou petrificad detrás dos cristais

das casas que deixaron en silencio.

 

Xa hai  tanto tempo!

E parece que foi onte.

 

Desde esta ventá

Escoitáronse os disparos ...

E a auga trouxo algún cadáver

 á beira da praia de  Cesantes,

Esta foi a mensaxe preto do mar

noutros lugares falaban as cunetas.

 

Como  puido ser!

 

Nas noites

desde esa ventá da casa vella

Puiden ver todo o que contaba,

Ela  de pé e eu

apenas sacaba a cabeza.

 

Eu aínda a escoito,

Sempre a escoito,

coma se seguísemos alí

mirando cara illa e o seu  infinito.

 

Sempre a escoito

en cada imaxe

en cada palabra

en cada tenrura

na súa longa trenza.

 

 A miña avoa sorriu

dende ese lado da alma

onde  desenredan as cousas esenciais

E tecen as marabillosas.

 

Ela sabía tantas cousas!

 

 Nunca a vin chorar.

 

                                                                                             Xulia María Barros